Sunday 05 de May de 2024

A biblioteca de Neda acolle este sábado o espectáculo de contacontos infantil “Cabicivai”


No marco das Xornadas Literarias “Trazos de Xapón”, a biblioteca municipal de Neda acolle este sábado, a partir das 12 horas, o contacontos “Cabicivai”. A proposta infantil de Pablísimo forma parte do programa Lesme un conto? e está aberto o prazo para inscribirse.

A golpe de pedal, chegará á vila o actor Pablo Sánchez (Pablísimo) coa súa bicicleta, tres caixóns dos que pode saír calquera cousa e un Kamishibai (en xaponés, pequeno teatro de papel para contar historias). E con el un montón de contos recollidos polo mundo adiante.

O espectáculo de narración oral, que complementa ás Xornadas Literarias, vai dirixido a nenos e nenas de tres anos en diante. As familias que queiran sumarse poden apuntarse na biblioteca ou chamando ao 981390233.

Deja un comentario